Reciclaxe de envases: situación actual

Cada persoa xera, ao día, máis dun quilo e medio de residuos. Nun ano xera 582 quilos. Disto, só se recicla o 25%.

O motivo principal deste incremento son os envases dun só uso e os baixos índices de reciclaxe. Actualmente todo está envasado e os envases úsanse e desbótanse.

Por que tantos envases?

Unha tendencia masiva ao envasado de produtos que antes se vendían a granel; a substitución de envases reutilizábeis para envases dun só uso e un aumento do consumo de auga, refrescos, zumes e cervexa envasados en botellas ou latas. Case a metade do volume do contedor amarelo son envases de bebidas.

Os sistemas actuais de xestión de residuos non se mostraron capaces de recuperar e reciclar esta crecente cantidade de residuos. Actualmente o consumo de plásticos e metais para a fabricación de envases é de máis do dobre que hai vinte anos. Isto fainos cada vez máis dependentes das importacións de materias primas doutros países, provoca un gran gasto económico e prexudica o medio ambiente.

O sistema actual é insuficiente

Sen entrar en vantaxes e inconvenientes, a realidade é que este sistema tocou teito pois a súa porcentaxe de recuperación é moi baixo, sempre por baixo do 30-35%. Ningún estado nin rexión  superou o 50% da recuperación con este método. O resto dos envases acaban en vertedoiros, legais ou ilegais, incineradoras, ou na nosa redonda –praias, rúas, prazas, etc.- co conseguinte impacto ambiental e visual.

No estado español, e segundo as cifras facilitadas por Ecoembes, en 2008 rexistráronse 1.110.972 toneladas de envases lixeiros dentro do SIX e recuperáronse 535.733, o que supón un 48% de recuperación sobre o total de envases adheridos ao sistema. Esta cantidade rexistrada supón só o 4,22% dos residuos urbanos, moi lonxe do 10-15% de residuos de envases lixeiros que se producen. Hai unha enorme burbulla de envases lixeiros que non se están a xestionar para a súa reciclaxe. Recíclase menos da quinta parte do producido.

 

   Retorna é un proxecto iniciado por: