Obxectivos

Retorna naceu para promover unha mudanza no modelo de produción e consumo que reduza ao máximo os residuos e maximice a prevención, a reutilización e a reciclaxe.

O noso obxectivo nunha primeira fase é avanzar cara a unha xestión correcta e eficiente dos residuos de envases. Para isto, definimos os seguintes obxectivos xerais:

1. Contribuír a desenvolver políticas de “Residuo cero”, co obxectivo de avanzar desde a actual cultura de usar e desbotar a unha de aproveitamento máximo dos recursos mediante a reutilización e a reciclaxe de calidade.

2. Influír na aplicación decidida de políticas, medidas e instrumentos que favorezan a prevención, a reutilización e a reciclaxe dos residuos.

3. Contribuír a que o vertido de residuos sexa realmente unha opción marxinal e a incineración de residuos unha opción inviable ou descartada.

Como obxectivos específicos, pretendemos:

4. Contribuír á creación e á implementación, no ámbito estatal, dun Sistema de Retorno de envases de bebidas (sistema de Depósito, Devolución e Retorno -SDDR se falamos do nome técnico-) de envases, que permita recuperar e reciclar ao máximo os materiais de envases cumprindo e superando os índices legalmente establecidos.

5. Abrir o debate a todos os axentes sociais e económicos sobre a necesidade da mudanza de normativa e modelo de xestión dos residuos de envases.

6. Promover proxectos e accións de I+D vinculados á investigación e ao fomento do uso de materiais reciclados, os impactos ambientais do consumo actual e aos factores para e cara a un consumo responsábel.

7. Difundir os beneficios ambientais, sociais e económicos da prevención, reutilización e reciclaxe dos residuos e especialmente dos residuos de envases e os sistemas de depósito de envases.

 

   Retorna é un proxecto iniciado por: