Que é Retorna?

Retorna é unha iniciativa sen ánimo de lucro integrada por ONG’s ambientais, asociacións de consumidoras, sindicatos e a industria do reciclado.

O noso obxectivo é promover a reutilización e reducir ao máximo a xeración de residuos, superando o sistema actual que recicla pouco e mal. Traballamos para implementar un sistema de retorno de envases que recupera/recicla 9 de cada 10 envases.

A experiencia nos máis de 40 países onde o sistema está implementado demostra a mellora ambiental, económica e social que suporía implementar no estado o sistema de retorno de envases.



 

 

   Retorna é un proxecto iniciado por: